Nova Escola Galega publica un novo número do seu "NEG Opina"
Xa pode consultarse no noso web un novo número da publicación Nova Escola Galega Opina. Baixo o título de REMATE DUN CURSO "SEN PROBLEMAS" preténdese dar a coñecer a nosa valoración a respecto das numerosas iniciativas contrarias á escola pública que a Consellería de Educación veu desenvolvendo ao longo deste curso escolar.
Nomeadamente, paramos un pouco máis no Decreto de plurulingüismo, na Avaliación diagnóstica e no Proxecto "Abalar".